Hoxe toca en Galego
Xa fai ano e pico desta foto. O meu querido mac levaba apenas uns dias comigo. Era Nadal, e estabamos toda a familia no pobo. O pobo... Ahí o tedes, nesta foto saen os meus máis preciados bens materiais: o meu coche (miña nai non estaría dacordo con esta afirmación), o meu mac (tirando do edonkey coa Wifi do concello), e a miña Arnoia querida. En días coma éstes, é cando un entende de verdade o sentimento do emigrante. Entende a sensación de te-lo corazón dividido entre a súa terra natal e a terra onde transcorre o seu día a día. Entende a necesidade de demostrar o ben que lle foi na emigración ó voltares ó fogar, non tanto como un modo de presumires senón como unha forma de autoconvencerse de que pagou a pena emigrar. Isto sí que é amar a túa terra, amala de corazón; e non toda esa merda que fai a xente de ir pregonando se unha rexión é nación ou non, ó carallo co nacionalismo político! Emigrantes galegos que enchedes Arxentina, Alemania, Suíza, Francia, Uruguay, Venezuela... unha aperta dende eiquí.Esta páxina tenta deixar constancia das miñas/nosas aventuras en París, así que iste é o derradeiro post morriñento. Un saúdo a tódolos galegos que nos len. Jordán
6 Comments:
nunca aprecias lo que tienes hasta que lo pierdes! el carnaval es genial (seguro que aún más en xinzo o verín) a la gente le encanta esconderse tras unos arapos y salir a la calle a pasarlo bien y hacer alguna que otra broma (aunque este año hayan estado pasados por agua)
Un biquiño desde Ourense.
By Anónimo, at 15:46
un saudo desde ourense meu.aki tamen te estrañamos moito, sobre todo porque ninguén organiza nada.vou agora at onda o emilio pa ver se nos disfrazamos hoxe, que senon esto no son carnavales.un saudo e unha aperta
By Anónimo, at 20:29
lémbraste do avión e as torres xemelgas?? Ninguén se decataba do disfraz, pero nós ven que rimos!!! Non te preocupes rapaz, no vrao estou de volta para toca-lo carallo e tentar facer cousas. De feito... estiven a mirar o do interrail. Vaino pensando se queres. Serían 15 días, en xullo supoño porque en Agosto haberá que chapar. Agora che mando un mail con algo de información. Unha aperta meu, e outra para o resto
By Jordan, at 20:41
"ven que rimos" está claro que é ben, con b; fóisime a deda de tecla. Dígoo antes de que algún que eu me sei me putee... :P
By Jordan, at 20:44
jooo qé morriñento!! y me acabo d acordar d las torres, qé noche!! la verdad tngo q reconocer q esa noche me lo pasé bien xDDD en el fondo se t echa de menos :( un beso mu grande desde akí raparigo!!
By Anónimo, at 20:28
Carai, debes estar ben morriñento, caravelocho. ^Pero xa sabes que a patria dun está onde planta o seu corazón. Os nomes só serven para acotar, para pórlles nome as cousas. O que non ten nome, non existe. Pode que os nomes texiversen, ás veces, as cousas, pero para loitar polos dereitos, tamén hai que pórlles nome, aínda que non sempre nos guste, non?. Ata outra, meu perendanguiñas. Bicos. B.
By Anónimo, at 12:51
Publicar un comentario
<< Home