Xa fai ano e pico desta foto. O meu querido mac levaba apenas uns dias comigo. Era Nadal, e estabamos toda a familia no pobo. O pobo... Ahí o tedes, nesta foto saen os meus máis preciados bens materiais: o meu coche (miña nai non estaría dacordo con esta afirmación), o meu mac (tirando do edonkey coa Wifi do concello), e a miña Arnoia querida. En días coma éstes, é cando un entende de verdade o sentimento do emigrante. Entende a sensación de te-lo corazón dividido entre a súa terra natal e a terra onde transcorre o seu día a día. Entende a necesidade de demostrar o ben que lle foi na emigración ó voltares ó fogar, non tanto como un modo de presumires senón como unha forma de autoconvencerse de que pagou a pena emigrar. Isto sí que é amar a túa terra, amala de corazón; e non toda esa merda que fai a xente de ir pregonando se unha rexión é nación ou non, ó carallo co nacionalismo político! Emigrantes galegos que enchedes Arxentina, Alemania, Suíza, Francia, Uruguay, Venezuela... unha aperta dende eiquí.
Esta páxina tenta deixar constancia das miñas/nosas aventuras en París, así que iste é o derradeiro post morriñento. Un saúdo a tódolos galegos que nos len. Jordán